Tiruleque organiza en outubro un obradoiro de expresión corporal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo de teatro Tiruleque promove a organización dun obradoiro de expresión dramática, impartido por Ermel Morales, que terá lugar o vindeiro 6 de outubro no Carballiño como actividade paralela á XVII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”. O custe do curso é de 15 € para os membros da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) e de 35 € para alleos. As inscricións deben facerse enviando un correo a tiruleque@galicia.com co nome do grupo ao que pertence o interesado e aportando xustificante da transferencia efectuada á conta 3070 0039 0 6029766513 de Tiruleque. As prazas iranse cubrindo polo estricto orde de chegada da solicitude, tendo en conta que a data límite para anotarse é o día 27 do presente mes de setembro. O horario do cursiño será de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas, no Auditorio Manuel María.
O director de Tiruleque, Xosé Prada, destacou a importancia deste cursiño para mellorar a expresión oral:
Ermel Morales Ramón, profesor na ESAD de Galicia, é doutor pola Universidad Rey Juan Carlos, a súa tese, “Alexitimia y expresión”, presenta as bases de “la palabra inducida”, método de aprendizaxe expresivo enfocado especificamente ó traballo coa oralidade dos textos e coa memorización aplicada á expresión verbal. Coach de actores para cine e asesor de expresión oral para teatro, coordina proxectos de expresión dramática no marco da discapacidade psíquica, reflectidos en publicacións de divulgación científica o pedagóxica

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO