III concerto de nadal do cantautor Emilio Rúa en Sandiás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

LEVO ESTES POEMAS COMIGO POR SE É POSIBLE A MAXIA.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A música tivo o seu protagonismo no Nadal de Sandiás. Abriuno o cantautor Emilio Rúa co III Concerto de Nadal co título do seu álbum  “Nadaliñas” o  pasado Sábado, 21 de Decembro ás 19.00 h no Salón de Actos da Casa de Cultura do Concello de Sandiás.

Tratouse dun espectáculo musical de Panxoliñas revisadas e feitas por Emilio Rúa dun xeito moi actual e moderno respectando a composición tradicional. Un concerto íntimo e entrañable, especial para desfrutar e cantar nestas datas. O Concello de Sandiás dalle as grazas a todos os veciños e veciñas que asistiron á actuación abrindo os festexos do Nadal facendo comunidade veciñal e gozando dos beneficios físicos, culturais e humanos dá música en directo. Música e cantos que enchen de emoción a alma e que constrúen un mundo mellor.

Emilio Rúa combinando tradición e creatividade interpretou de xeito magnífico pezas clásicas de tradición oral como “25 de Decembro”, “Dime neno de quen es”, “Vide ver ao neno”, “Branco Nadal”, “Doce Nadal”, “Pero mira como beben”,etc. Tamén regalounos como final de concerto una das súas primeiras interpretacións coa artista Rozalén,  “Vida miña”, “A Saia da Carolina”, “Un ticket para viaxar” dos Beatles e a interpretación cantada da lenda do Castelo de Monterrey, “A Condesa de Verín.

Lonxe queda xa cando Emilio Rúa deu comenzo non mundo da música aos sete anos no grupo Concorde Atenea formado polo seu pai e os seus catro irmáns e co que percorreron Galicia e as zonas limítrofes de Castela, Asturias e Portugal. A primeira vez que se subiu a un escenario foi na aldea de Santa Comba (Riós). E tamén cando comezou a compoñer “Nadaliñas” no 2015  despois de interpretar unha panxoliña na Catedral  de Ourense.

Nos seus discos contou  coas colaboracións de artistas como : Uxía, Luís Tosar, Carlos Blanco Guadi Galego (Berrogüetto), Kepa JunkeraTony Lomba, X.M.Budiño, Marcos Teira (Marful), Quim Farinha (Berrogüetto), Celina dá Piedade (Mariza, Rodrigo Leao), Carlos Castro(Fía na Roca, Budiño), Lucía Pérez, Fabián, Segundo Grandío (Estudo de gravación Casa de Tolos),Daniel Minimalia, Xestreu, etc… Segúndo indica en varias entrevistas garda moi bo recordo dous duetos feitos con Víctor Manuel e a amizade co cantautor cubano Pablo Milanés, entre outros. Ten feito nos seus discos produccións que van desde ou máis puro estilo cantautor pasando polo jazz, soul, brasileiro, pop, folk… pero sempre foi fiel ao seu estilo.