As Xociviga comezan esta tarde con dobre proxección de cine

IES CHAMOSO LAMAS

Comezan as Xociviga (Xornadas de Cinema e Vídeo de Galicia) no Carballiño. O
festival deixará cinco días cheos de cinema na vila, cun programa para todos os
públicos. A primeira proxección será El Buen Patrón (2021) que terá lugar o día de
hoxe ás 19.00h no Auditorio Manuel María.

A película, dirixida por Fernando León de
Aranoa e protagonizada por Javier Bardem, foi gañadora de seis Premios Goya na
última edición. O prezo da entrada será de 1€. Tamén se levarán a cabo varios sorteos
entre os que poderán participar os asistentes á película. Para finalizar o día,
proxectarase ás 23.00h Espíritu Sagrado (2021) de Chema García na Praza da
Veracruz.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Para mañá xoves, comezaremos con cine para os máis pequenos, ás 11:00 horas, no auditorio, co filme “Lunáticos”. Ás 12:00 horas, no concello masterclass con Chema García Ibarra. A masterclass muda a súa ubicación inicial, á casa do concello.

Pola tarde, máis cine, ás 19:00 horas no auditorio Manuel María, co filme “Tres”, e ás 23:00 horas, no anfiteatro da Veracruz, co filme “¿Que hicimos mal?.