Punxín aposta pola atención aos veciños e o impulso económico do municipio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O equipo de goberno de Punxín, integrado por tres concelleiros do Partido Popular e un de Compromiso por Galicia dende xuño do ano pasado, ten coma prioridad a atención aos veciños e veciños do municipio, potenciando os servizos sociais coa incorporación dun técnico nesta especialidade e tendo en conta que a poboación está conformada por persoas maiores. O tenente de alcalde e edil de Compromiso, Eladio Fernández, valora a laboura desenvolta polo Concello neste mandato e aposta tamén por darlle a Punxín un impulso económico no futuro, procurando os investimentos que sexan necesarios.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Escoitamos a Eladio Fernández, voceiro do goberno municipal e concelleiro de Obras en Punxín:

O tenente de alcalde, Eladio Fernández, destaca as potencialidades do municipio, moi ben comunicado pola estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) e a escasa distancia da conexión coas autovías A-52 (Madrid-Vigo) e AG-53 (Ourense-Santiago), e o atractivo que supón o Castro de San Cibrán de Lás, que ocupa parcialmente terreos de Punxín.