A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras realizou na xornada de hoxe unha actividade dentro do programa de Saúde Comunitaria.
Comezaron esta mañá con motivo da celebración do Día Europeo da Prevención de Risco Cardiovascular, cunha charla informativa e posteriormente cunha miniruta.
A ruta realizada foi a mesma que se puxo en marcha no programa “Camiña cara a saúde”, saíndo do concello e facendo paradas con píldoras sobre saúde a cargo dos profesionais sanitarios. Con estas iniciativas pretenden que a actividade comunitaria dos Centros de Saúde sexa algo normalizado entre a sociedade.