‘Termatalia’, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que se celebrará en Expourense os vindeiros días 26 e 27 de setembro, terá mañá unha sesión preliminar na vila termal do Carballiño, coa visita dun grupo de expertos aos balnearios do municipio. Concretamente, a área de Medio Ambiente e Termalismo e a área de Turismo do Concello, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e a Sección de Vilas Termais da FEMP, organizará unha xornada técnica de recepción e benvida no marco desta 22ª edición de Termatalia. Así, este mércores, un grupo de persoas, expertos mundiais, farán unha visita aos dous centros termais do Carballiño (o Gran Balneario e As Caldas de Partovia) co obxectivo de coñecer as súas instalacións e o seu funcionamento como as explicacións sobre a súa tradición e tratamentos.
Esta actividade foi adiantada por Rosendo Luis Fernández, deputado de Termalismo e presidente do INORDE, na presentación de Termatalia:
Os representantes políticos do Concello e da Deputación consideran que o desenvolvemento do termalismo no municipio é un dos elementos estratéxicos para o seu posicionamento turístico, de xeito que esta visita técnica ao Carballiño permitirá de maneira presencial promocionar o presente e futuro termal do municipio ao traverso dos dous balnearios en funcionamento, o Gran Balneario e As Caldas de Partovia.