A área de Cultura do Concello do Carballiño vén de anunciar a apertura, mañá día 26, do prazo de matrícula nas escolas municipais de teatro d danza, que comezarán a súa andaina o día 1 de outubro. Un trámite que para a formación de Espazo Común chega con retraso, tendo en conta que nos primeiros días de setembro xa se deu inicio dos curso nos centros de ensino, ademais de existir ofertas para actividades lúdlicas e deportivas noutras entidades.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, avanzounos aspectos da convocatoria realizada para estas escolas.
Na escola de teatro ofértanse un total de 45 prazas, distribuídas entre os grupos de infantil, iniciación e perfeccionamento, cun prezo de inscripción de 14,92€ e mensualidades de 11,59€, mentres que na escola de danza haberá un total de 100 prazas disponibles, repartidas en cinco grupos de zumba, ritmos latinos, pilates e funky, coa mesma cuota de inscripción e mensualidades entre 11,59€ y 21,60€.