Luis Menor, na entrega do IV Premio Economía: “Unha das claves do éxito de Coren foi manter nestes 60 anos a súa implantación no territorio”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación participou esta tarde no acto celebrado no Teatro Principal, onde recordou a aposta de hai 6 décadas polo cooperativismo para ofrecer “rendibilidade social e económica no territorio máis próximo”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Implantación, apuntou, pero tamén implicación, xa que o punto de partida “foi ofrecer ao rural ourensáns dos anos 50 unha oportunidade de vida”

Unha historia de éxito, engadiu, á que se suma a visión de adaptación e innovación mostrada en todo este tempo polo presidente do grupo, Manuel Gómez-Franqueira

Ourense, 24 de setembro de 2024.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde no Teatro Principal no acto de entrega do IV Premio Economía que concede o Consello Galego de Economistas, que nesta edición recoñeceu a destacada traxectoria no sector agroalimentario do grupo ourensán Coren.

Un premio, dixo Luis Menor, que pon o foco nunha das claves do éxito desta empresa, como foi “manter nestes 60 anos a súa implantación no territorio”.

O inicios do grupo Coren, daquela como UTECO, marcaron un fito en Ourense, pero tamén en Galicia, cos anos no resto de España “e tamén internacionalmente con numerosos recoñecementos á súa innovadora produción”, destacou o presidente provincial. Neste sentido celebrou a visión de adaptación e innovación mostrada en todo este tempo polo presidente do grupo, Manuel Gómez-Franqueira

Na súa intervención, Luis Menor recordou a aposta de hai 6 décadas polo cooperativismo para ofrecer “rendibilidade social e económica no territorio máis próximo”. Implantación, apuntou, pero tamén implicación, xa que o punto de partida “foi ofrecer ao rural ourensáns dos anos 50 unha oportunidade de vida”.

Luis Menor cualificou a historia do grupo Coren como “unha historia de éxito, pero tamén historia de Ourense”, pois entre a UTECO de Eulogio Gómez Franqueira ata o grupo Coren de Manuel Gómez-Franqueira “hai unha longa evolución, sempre baixo o compromiso de contribuír ao desenvolvemento do territorio, xerando oportunidades de vida no rural”.