Este xoves, 3 de outubro, temos nova presentación en OZOCOgz.
Presentaremos o libro LIBERDADE PARA O GALEGO acompañados polos seus autores, Elsa Quintas e Marcos Maceira xunto coa presidenta da Coordinadora de traballadores de Normalización Lingüística, a ourensá Mónica Fernández Valencia.