ABANCA, Afundación e o Concello do Carballiño presentan a mostra «Nós tamén fomos emigrantes»

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

I A inauguración terá lugar mañá xoves 3 de outubro, ás 11.30 h, na Casa do Concello

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

I A exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello do Carballiño, ABANCA e Afundación

02.10.2024. O Concello do Carballiño, ABANCA e Afundación inaugurarán mañá xoves 3 de outubro, ás 11.30 h, na Casa do Concello, a exposición fotográfica «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». Asistirán José Manuel Dacal Fernández, tenente de alcalde do Carballiño; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. Poderase visitar ata o 7 de novembro, de luns a sábado en horario de 09.00 a 14.00 h.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

EventoInauguración da exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX»
LugarCasa do Concello do Carballiño 
Data e horaXoves, 3 de outubro, ás 11.30 h
  AsistentesJosé Manuel Dacal Fernández, tenente de alcalde do Carballiño Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo