Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O mercado laboral de Galicia continúa na súa senda de crecemento e acada, con 120.992 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996), según a valoración de datos que manexa a Xunta de Galicia. Ademais, a comunidade galega rexistra 1.085.846 persoas afiliadas, a cifra máis alta nun mes de setembro desde o ano 2008 e que aumenta en 14.734 persoas en relación co mesmo mes do ano pasado. Así o indicou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración realizada en relación cos datos de paro rexistrado e de afiliacións, na que subliñou que setembro é un mes no que adoita subir o paro debido á finalización de moitos contratos temporais, como acontece tamén ese ano na evolución mensual, cunha lixeira suba do 1,95%.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En termos anuais, o desemprego en Galicia baixa nun 7,39%, e, en relación co conxunto de España e con setembro de 2023, diminúe a un ritmo maior, superando a baixada do Estado en 1,98 puntos. A isto engadiu que Galicia é a terceira comunidade que acada unha maior redución de paro rexistrado no último ano en termos relativos. Nesta evolución anual, tamén cae o paro nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e tamén en colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como as mulleres, os menores de 30 anos e os parados de longa duración.

Tamén na comparativa anual, por sectores, liderou a baixada o primario (-12,63%) seguido da construción (-11,85%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu o paro nas mulleres (-7,45%), entre os menores de 30 anos (-7,12%) e nos parados de longa duración (-7%). Ademais, as cifras de mulleres desempregadas, con 71.538,  e de desempregados xuvenís, con 13.792, son as máis baixas nun mes de setembro desde que hai rexistros (2005).  A de parados de longa duración, de 61.647, é a cifra máis baixa dun mes de setembro dos últimos 16 anos.

Sen embargo, dende o PSdeG-PSOE sulíñase que “Galicia rexistra o terceiro pior dato de todo o Estado”, xa que nas catro provincias galegas subíu un 1,95% mentres a media española no mes de setembro é tan só dun 0,12% de incremento.