Espazo Común presenta alegacións ás ordenanzas fiscais de 2021

No que  vai desta segunda vaga da COVID-19, O Carballiño é un dos pobos máis castigados polas súas nefastas consecuencias sanitarias e económicas.

Aseguran que o concello ten varias ferramentas para tentar axudar á veciñanza coma o alivio nos impostos a pagar para un ano 2021 que se prevé moi complicado para negocios e familias.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o Grupo Municipal de Espazo Común, prantexan unha serie de medidas que coidan poden servir para aliviar a presión aos sectores máis atacados pola crise que se está a padecer. Estas medidas son a anulación da suba do IBI, a aplicación a tódolos impostos do IPC interanual negativo, a supresión da taxa de terrazas, o cobro das escolas municipais en mensualidades ou o establecemento de taxas para feirantes e pulpeiros en función das veces que poidan instalar os seus postos.