O grupo municipal socialista do concello de Ourense esixe que o goberno de Jácome dea a coñecer xa a oferta formativa da escola municipal continua que debería ter comezado o 1 de outubro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Xa a anterior convocatoria chegou tarde, mal e arrastro, como é habitual na xestión deste executivo”, explica a edil do PSdeG Cristina Cruz, e recorda que pasou de haber 140 cursos (na última convocatoria da UPO) a arredor de 50

“Esta nova escola, como xa dixemos en reiteradas ocasións, presenta unha formación feble que non responde ás necesidades dos ourensáns e ourensás”, afirma a concelleira

Ourense, 3 de outubro de 2024. Dende o grupo municipal socialista critican que a día 3 de outubro nada se saiba dos cursos da Escola Municipal Continua (EMC) para esta nova etapa académica e lamentan que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, fulminase calquera resquicio do que foi a recoñecida Universidade Popular de Ourense (UPO) que nestas datas xa estaría recibindo ao novo alumnado.

“Xa a anterior convocatoria chegou tarde, mal e arrastro, como é habitual na xestión deste executivo”, explica a edil do PSdeG Cristina Cruz, e recorda que pasou de haber 140 cursos (na última convocatoria da UPO) a arredor de 50 (algúns dos cales remataron por cancelarse). Isto supuxo unha drástica redución de aproximadamente 2/3 en canto á oferta formativa que, entre outras materias, eliminou algúns dos que máis demanda tiñan como eran os de idiomas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Esta nova escola, como xa dixemos en reiteradas ocasións, presenta unha formación feble que non responde ás necesidades dos ourensáns e ourensás”, afirma e engade que a innovación que tanto prometía o rexedor con respecto á UPO “non resultou ser máis que un caos e unha oferta irregular e ineficiente” para a cidadanía.

“Seguimos sen resignarnos. Seguimos a loitar para que Ourense teña unha alternativa educativa de calidade”, rematou.

Audio con declaracións da edil do PSdeG no Concello de Ourense Cristina Cruz:

https://drive.google.com/file/d/1ioKmqYVOnXiYSOW4jtui00APPd7bJFWh/view?usp=sharing

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------