O sábado día 5 comezan as actividades da XVII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta fin de semana, concretamente o sábado día 5 comezan as actividades da XVII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”· coa representación da comedia “Yallah! Yallah” do grupo La Caja de Pandora de Verín.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A obra preséntanos a situación que se desenvolve nun piso dun barrio de Madrid dos anos 80, no que viven dous primos” hipis” e un policía.b A súa principal fonte de ingreso, amais de facer sandalias, susténtase de ir a Marrocos buscar “costo” que venderán ao miúdo polo barrio.Unha moza de boa familia, que anda experimentando novas formas de vida, súmase ao grupo que deseguido métea nos seus “trapicheos“; pero ela ten unha manchea de problemas que se resolverán pouco a pouco.

Está indicada para tódolos públicos, se ben aconséllase para adulto. Ten unha duración de 75 minutos.

Será ás oito da tarde no Auditorio Manuel María do Carballiño.