O empresario Olegario Vázquez Raña, Premio Ourensanía 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O xurado acordou por unanimidade a concesión desta distinción ao empresario mexicano “pola súa especial vinculación con Ourense, en particular co concello de Avión”, lazos que cobran máis importancia tendo en conta “a súa traxectoria, proxección internacional tanto en México e América como no resto do mundo”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha conversa telefónica co empresario para informarlle persoalmente da concesión do premio, distinción que aceptou e agradeceu polo seu significado, comunicando ao mesmo tempo que viaxará a Ourense para recoller en persoa o galardón

Ourense, 5 de outubro de 2024.

O xurado do Premio Ourensanía 2024, reunido no Pazo Provincial, acordou conceder o galardón da presente edición ao empresario mexicano Olegario Vázquez Raña “pola súa especial vinculación con Ourense, en particular co concello de Avión”, lazos que cobran máis importancia tendo en conta “a súa traxectoria, proxección internacional tanto en México e América como no resto do mundo”.

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha conversa telefónica co empresario para informarlle persoalmente da concesión do premio, distinción que aceptou e agradeceu polo seu significado, comunicando ao mesmo tempo que viaxará a Ourense para recoller en persoa o galardón.

A decisión de conceder o Premio Ourensanía 2024 foi adoptada por unanimidade por parte do xurado, presidido por Luis Menor e integrado por Patricia Torres, Luis González Tosar, Eva Torres, María Sol Nóvoa, Maribel Outeiriño (que asistiu por videoconferencia), Miguel Anxo Fernández, Manuel Guede e Afonso Vázquez Monxardín (ausentes pero que delegaron o seu voto no presidente), e actuando como secretario Marcos Vázquez.

A Deputación de Ourense concede o Premio Ourensanía 2024 como recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns ou persoas vinculadas á provincia de Ourense que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.

Biografía de Olegario Vázquez Raña

Olegario Vázquez Raña naceu en Cidade de México o 10 de decembro de 1935, tan só dez anos despois de que a súa familia natural do Concello de Avión, chegara a este país. A andaina empresarial da familia comezou coa tenda “Almacenes Vázquez”, un comercio que cos anos transformouse no Grupo Empresarial Ángeles, fundado no ano 1998, un dos conglomerados máis importantes e exitosos de México.

Na actualidade, o Grupo Empresarial Ángeles que contén as compañías: Hospitales Ángeles, a cadea de hoteis Caminos Real, Grupo Financiero Multiva, a construtora Prodemex e Grupo Imagen, este último un conglomerado de medios de comunicación-.