A área de Deportes do Concello de Carballiño organiza este domingo o ‘Día da Bici’, unha actividade que chega á súa 19º edición coa colaboración de Máis Deporte de La Región, e na que os 250 primeiros inscritos recibirán unha camisola conmemorativa. O punto de partida será ás 11,00 horas na praza da Veracruz, cun itinerario de oito quilómetros ata a localidade de Mesego, aínda que tamén está programado un circuito para cativos na contorna do templo e outro alternativo ata o Parque municipal. Ao final do percorrido, haberá unha gran festa amenizada polo DJ Tibu e agasallos para os participantes, contando co patrocinio da Deputación de Ourense, Centro Comercial Aberto, Gadis e Coca Cola.