A campaña de Nadal do CCA premiará as compras ata o día de Reis

O Centro Comercial Aberto do Carballiño animou este Nadal cunha campaña de promoción de ventas na que destacou a animación de rúa. Pero aínda non rematou. Para todos os que están pensando aínda en mercar os regalos de reis, esta información interésalles.

Comprar os agasallos de Nadal no comercio de proximidade terá premio, coma sempre da man do CCA. Mercando nas tendas asociadas conseguiremos unhas papeletas con números. Os que coincidan cos números gañadores da Lotería de Reis repartiranse vales de compra por un importe de 1.500 euros. Vota unha man ao comercio local e entra no sorteo ata este próximo venres!

AVANTAR ACTIVIDADES