O Festival de Teatro Amador ofrece dúas funcións esta fin de semana

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A programación do XVII Festival de Teatro Amador ‘Terras de Orcellón’ continúa esta fin de semana con dúas representacións, que se levarán a cabo no Auditorio Manuel María do Carballiño dende as oito da tarde. O sábado, día 12, a Aula de Teatro da Universidade de Vigo presentará a montaxe “Soño dunha noite de verán”, de William Shakespeare, para escenificar as aventuras de Oberón e Titania, de Teseo e Hipólita, e de Herminia e Lisandro, nunha noite máxica de ensoñacións e sorpresas. Dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, conta coa colaboración de Teatro de Ningures para a escenografía. Ten unha duración de 85 minutos e está dirixida a tódolos públicos.

O domingo, día 13, será a quenda das actrices e actores de C. C. Ollomao de Barreiros (Lugo), co drama “O traballo de Andrea”, os que virán representar a tarefa de Andrea, unha moza que está a facer unha tese de investigación sobre o destino que correron os exiliados da súa vila ao final da Guerra Civil. O texto é de Ignasi García Barba e está dirixida por Ramón Casas Oroza. Ten unha duración de 90 minutos e recoméndase preferentemente para público adulto.