A xubilación da profesora Marisa Riesco Prieto, un nome gravado na memoria de xeracións de estudantes do IES Nº 1 de Carballiño, marcou o final dunha etapa significativa na historia do centro educativo e da comunidade local. Marisa, quen comezou a súa traxectoria no curso 1992-93, deixa unha pegada indeleble tras máis de tres décadas dedicadas ao ensino do inglés con paixón e vocación, asi como a súa implicación en causas nobles.
O evento homenaxe celebrouse nunha contorna de ilusión: o restaurante do Hotel Eurostars Monumento Mosteiro de San Clodio, un lugar cargado de historia e beleza que parecía ser o escenario perfecto para un momento tan especial. Rodeada de compañeiros ( algúns xa xubilados ) , amigos e antigos profesores, Marisa viviu unha xornada emotiva que combinou risas, anécdotas e, como non, algunha que outra bágoa.
Marisa incorporouse ao IES Nº1 no curso 1992-93. Daquelas habia no centro perto de 800 alumnos e só 4 niveles : 1º Bup, 2º Bup, 3º Bup e Cou. No seu primeiro ano deu clase de inglés aos seguintes grupos todos eles de 1º Bup: 1ºA ( compartido con Mª Luz Carreiro ) – 1ºC – 1º D- 1º F – 1º G
As súas compañeiras de departamento foron Pilar Gómez, Mª Luz Carreiro e Loli Rúa. Nese curso non estaba Alberto González pero tamén formaba parte do departamento de Inglés.
Marisa, Pilar e Alberto estuveron sempre no departamento ata que se xubilaron.



Seria complicado poñer todos os alumnos e alumnas que tuveron a Marisa como profesora pero eleximos como representantes ao alumnado do grupo 1ºD do curso 1992-93 Marisa foi titora
CURSO 1992-93 GRUPO 1º D



