Nun dos seus apartados, a lei que rixe estas cuestións, deixa claro que se considera tránsfuga a aqueles que “abandoen o seu partido, sexan expulsados ou se aparten do criterio fixado polos seus órganos competentes”
O goberno PPSOE do Carballiño está fundamentado na traizón do alcalde ao seu partido e aos veciños e no fraude do PP, socio necesario e consciente desta ilegalide .
O Carballiño, 12 de outubro de 2024.
Ademáis da xa máis ca evidente incapacidade do antigoberno municipal do Carballiño formado por PP e PSOE, hábil só para a fotografía e o anuncio sen contido, neste pobo temos que convivir co agravante de que todo se basea nun acordo ilegal aproveitándose da pouca ética dun (ou varios) tránsfugas.
O Código de conduta política en relación co transfuguismo nas institucións democráticas, aprobado o 11 de novembro de 2020, define ben ás claras cales son as situacións nas que se incurre nesta situación:
“Enténdese por tránsfugas a os e as representantes locais, autonómicos e estatais que, traizoando ao suxeito político (partidos políticos, coalicións ou agrupacións de electores) que os e as presentou ás correspondentes eleccións, teñan abandoado o mesmo, fosen expulsados ou se aparten do criterio fixado polos seus órganos competentes”.
É moi obvio que o señor Fumega se atopa neste último caso pois é público que o seu partido non autoriza nin apoia este acordo contranatura que só se fixo na defensa do seu interese e coa intención de amarrarse dous anos máis ao sillón da alcaldía.
Por outra banda, o PP do Carballiño noutro xiro da súa errática política dos últimos anos decidiu apoiarse neste tránsfuga saltándose a lei e a palabra dada aos seus votantes para entrar no “goberno das fotos, as sillas e as zancadillas”.
O noso pobo non merece este esperpento, non merece un goberno Frankestein no que todos están a arranxar o seu e ninguén a arranxar o dos veciños.
Por todo isto, dende Espazo Común imos remitir á Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo un escrito para que se resolva dunha vez esta situación ilegal e que está a castigar de xeito considerable a imaxe do noso Concello ademáis de alterar as proporcións dos seus órganos e pervertir unha vez máis o sentido da democracia nas máns só de intereses persoais.