O campo municipal de Espiñedo voltou a converterse onte o escenario dos soños da afeción verde cun partido para a historia do Club Deportivo Arenteiro, que arrasou ao Nàstic de Tarragona cun contundente 4-0, un resultado que pudo ser máis abultado de non mediar os fallos da dianteira carballiñesa, nas pernas de Eno e Baselga nos primeiros 10 minutos. Á media hora de encontro, o propio Enol é derribado ao entrar cun balón na área, propiciando un penalti que non perdoóu Baselga para facer o 1-0. No minuto 41, unha xogada combinada entre Jordan Sánchez e Diego Gómez foi rematada por Baselga na portería dos cataláns (2-0).
Na segunda parte, e a pesares dos cambios introducidos, o Nàstic non é capaz de reaccionar e así chegou o 3-0, cun centro de Enol para Baselga que rechaza o meta Varo para que Diego Gómez recolla o balón, que, tras un novo despexe do porteiro, cae nas botas de Baselga, que conseguía deste xeito un ‘hat trick’, no minuto 66. E non pasaran cinco minutos cando a barreira do Nàstic despexa unha falta directa lanzada por Diego Gómez e Enol aproveita para introducir o balón na portería cun forte dereitazo e sentenciar o partido cun 4-0.
Festa final na grada e nos vestiarios con este resultado, que coloca ao Arenteiro de 4º na clasificación do grupo 1 da Primeira RFEF, en postos de ‘play off’, con 13 puntos, á espera da seguinte xornada, na que viaxará ata a cidade das Burgas para enfrontarse ao Ourense C.F.
O adestrador do Arenteiro, Raúl Jardiel, amosou a súa ledicia polo triunfo acadado, aínda que tamén suliñou que o camiño ata a fin de tempada é longo e hai que ter os pés na terra. Neste mesmo sentido pronunciouse o trigoleador Marcos Baselga, que considera que o conxunto verde está chamado a facer grandes cousas nesta tempada.