As exposicións de O Potiños: “2019-nov-Galicia Baleirada”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Pobreza. Emigración. Abandono.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A mocidade foxe. A xente maior morre. Non nacen meniños. Aldeas sen xente. Lembranzas, buratos… Ninguén, e silencio.

Chove. Pingas. Podrecen as madeiras. Afúndense os lousados. Caen as paredes. Casas esborralladas. Queda unha ruína: sen vida, sen luz e sen alma. Cadaleito desfeito do que foi e non é, porque o deixaron morrer, porque o mataron… 

Ninguén sementa tomates, nin centeo, nin patacas… Ninguén recolle as mazás que podrecen estradas polo chan… Ninguén! Uces, toxos e xestas medran nas hortas e nas cortiñas, e nos campos de fútbol e de baloncesto.

Silvas nos camiños. Penicos oxidados, mesas rotas, cadeiras absurdas, portas sen porta, fiestras para nada, columpios sen nenos… 

O vello radiocaset está roto e xa non toca porque as herbas medraron no campo da festa, porque xa non hai mocidade, porque xa non hai quen baile… 

Táboas podres, botas tiradas, lavadoras que non lavan… Dúas trabes queimadas sosteñen unha silva: o cumio do absurdo. 

Baleirada. Que non baleira. Abandono obrigado. Non por gusto, senón por forza. Porque todos os camiños estaban pechados, menos o da morte. E despois da morte veu o ninguén. E despois a noite, o silencio e as sombras. 

Pero o tempo é redondo, coma un prato vello, ferido por unha culler enfurruxada… 

A.F. ”O Potiños” – 

O Carballiño, novembro  2019

egomez.hoxe
egomez.realidades
Esther_Mosquera_-O_Salgueiro
Esther_Mosquera_La_naturaleza_siempre_recupera_lo_que_es_suyo.
Felipe Gallego – Demografía 0
Felipe-Gallego-Enxoval-inutil
JLDIZ-A-silva
JLDIZ-Enfesta-o-derradeiro-suspiro
JLMontes-Titulo-Melodias-Esquecidas
JLMontes- Titulo Se Vende
juanrua__SEN-LUZ.jpg
juanrua_QUEDAOGATO_
Luisa-Lorenzo.Ilusions-esquecidas
Luisa-Lorenzo.Pasando-do-pasado
MCelta-Sande.Cea-
MCelta-A-casa-do-Herodes
OskarPerez-1.AFERRADA
OskarPerez.RAICES
PatCelta1
PatCelta2
TT.esquecidos1
TT.esquecidos2
VICTOR-ABANDONO
VICTOR-EXODO


OUTRAS EXPOSICIÓNS DE POTIÑOS

As exposicións de O Potiños: “FRONTEIRAS 2018”

As exposicións de O Potiños: “2018-Contraluces”

As exposicións de O Potiños: “OUTONO 2016”

As exposicións de O Potiños: “GALICIA E GALEGOS”