A Adega de Flores acolleu unha nova edición de ‘Tasca e Literatura’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Agrupación Cultural Avantar, que cumpre o seu 50º aniversario, organizou neste pasado domingo unha nova edición de ‘Tasca e Literatura’, correspondente á presente tempada de outono, coa asistencia de un importante número de poetas, escritores e artistas de toda Galicia. Entre eles, destacaron no programa Poldo Canizo, María García e Artur Alonso, que recitaron os seus poemas baixo o acompañamento musical de Icía Saavedra, que amenizou o acto cantando varias composicións co acompañamento da súa guitarra. Ao redor duns petiscos de empanada, auga, viño e refrescos, os participantes puxeron en valor os contidos da riqueza lírica da lingua e a cultura galegas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Avantar recuperou hai xa máis de 30 anos a tradición de ‘Tasca e Literatura’, que nos anos 50 do pasado século xuntaba a na antiga Casa Gazpara a poetas e escritores do Carballiño e a súa comarca, sendo José Fariña Jamardo, entón secretario do Concello o impulsor desta iniciativa. A entidade cultural que preside Eduardo Bernárdez promove este evento literario en primavera, verán, outono e inverno, ademais de organizar tamén os roteiros adicados a poeta Manuel María para o estudantado dos centros de ensino do municipio.