A Xunta de Goberno da Deputación achega 201.000 euros para a cooperación con entidades e municipios

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O X Festival Hércules Brass de Celanova, o Club Voleibol Ourense e a Escola de Fútbol Feminino Rosalía percibirán 29.000 euros para axudar nos seus gastos de funcionamento

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Diversos municipios percibirán un total de 172.000 euros para cofinanciamento de proxectos, mellora de viais, remodelación de espazos públicos e a posta en marcha de novas dotacións

Ourense, 21 de outubro de 2024.

A sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a mobilización dun total de 201.000 euros que serán destinados a cooperar con entidades culturais e deportivas da provincia, así como con municipios.

Así, os fondos destinados ás entidades son 29.000 euros, que serán destinados á Asociación Cultural Xingros para a organización do X Festival Hércules Brass de Celanova, así como aos gastos de funcionamento do Club Voleibol Ourense e da Escola de Fútbol Feminino Rosalía.

No que atinxe á cooperación cos municipios, destinaranse 172.000 euros cofinanciamento de proxectos, mellora de viais, remodelación de espazos públicos e a posta en marcha de novas dotacións como un Museo de Arte Sacro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------