A aparición de dous novos gromos da flavescencia dourada en vides abandonados de Ribadavia pon en evidencia que non existe control real sobre unha enfermidade que está xa a condicionar a produción das explotacións vitivinícolas da denominación de orixe Ribeiro. Estes novos contaxios veñen a sumarse aos xa coñecidos de Arnoia e Cortegada onde xa levan meses convivindo coa praga. Por este motivo, para Unións Agrarias é moi importante que Xunta de Galicia actúe agora que ven o inverno para tratar de controlar a actividade do insecto transmisor (Scaphoideus littoralis), mediante trampeos e tamán proceder inmediatamente a arrincar as cepas afectadas. Do mesmo xeito, este sindicato tamén insta a Consellería do Medio Rural a activar un protocolo de actuación urxente nas parcelas abandonadas para evitar que estas se convertan nun reservorio e un foco de propagación desta doenza, letal para as vides.
UU.AA. chama a atención sobre o alto grao de preocupación que está a causar a ameaza dunha das enfermidades fitoplasmáticas máis importantes e prexudiciais para a vide, e fai un chamamento a Administración que intensifique a información ao viticultores poidan actuar en tempo e con eficacia nas medidas de contención mediante o coñecemento dos tratamentos que deben aplicar nas súas vides para evitar que a flavescencia dourada faga estragos non abonda.
A organización sindical considera necesario abordar a situación con rigor e celeridade e procurar métodos para controlar unha praga que avanza desde Portugal e cuxa propagación podería ter consecuencias nefastas. Nese senso, Unións Agrarias fai un chamamento para que a Xunta de Galicia dea un paso adiante e impulse sen demora un plan de acción que permita implementar as medidas precisas para poñerlle freo ao problema antes de que este se dispare de novo coa chegada da primavera.
O Scaphoideus littoralis, un pequeno insecto da familia dos cicadélidos, é o responsable da transmisión da flavescencia dourada polo que, alén da aplicación de tratamentos fitosanitarios para combatilo, a eliminación das cepas afectadas supón unha parte fundamental da metodoloxía a aplicar.