Este xoves pola tarde , a libraría Escolma foi o escenario da presentación do libro “Relatos. Comarca de Carballiño” de Juan Lois Mosquera
Durante a presentación, Mosquera compartiu algunhas pasaxes do libro, levando aos presentes para revivir momentos cotiáns, pero significativos, dunha época marcada pola transición social e cultural en Galicia e no Carballiño como foron os anos 50 e 60 .
Cada relato, como explicou o propio autor, é unha peza dun mosaico máis amplo que retrata a vida na Comarca de Carballiño, cos seus personaxes e paisaxes singulares, inmortalizando tradicións, costumes e eventos dunha comunidade que, a pesar do paso do tempo, conserva a sua identidade.
O ambiente na libraría foi cálido, cheo de curiosidade e admiración pola obra, que xa foi ben recibido tanto por críticos como polos veciños da comarca, quen ve nestes relatos unha xanela cara a un pasado próximo, pero á vez lonxano.
Juan Lois , ao concluír o evento, representou exemplares e agradeceu o apoio do público, sinalando que o seu maior desexo é que estas historias sirvan para que as novas xeracións poidan coñecer e valorar a rica historia da súa vila.
