Ribadavia alcanza hoxe os 36 casos activos, seguida por Leiro, que conta con 10

IES CHAMOSO LAMAS

Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, rexistrando 36 casos activos, 3 máis ca na xornada de onte. Leiro presenta unha progresión ascendente dende fai poucos días. Ata o día 11 de xaneiro mantíñase libre de covid. A partir de ahí comezou a subir os casos e xeito diario ata os 10 que presenta hoxe. Segueo o concello de Melón, que se mantivo nos 7 casos dende o día de Reis ata onte e hoxe, que mantén un caso menos.

Arnoia, Avión, Carballeda de Avia presentan dous casos activos cada un, mantendo os mesmos datos ca onte. Castrelo de Miño e Beade manteñen tamén os tres contaxios que tiñan onte cada un deles, ó igual que Cenlle, que mantén un caso activo. Cortegada é o único que se mantén libre de coronavirus dende comezos de este ano.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA