Este venres día 20 de decembro, Cine Club Carballiño pecha a programación deste 2024 coa película francesa “O teorema de Marguerite”, da directoraAnne Novion. Marguerite é unha destacada estudante de matemáticas na prestixiosa Escola Superior de Lyon, sendo a única muller da súa promoción. Todo semella ir perfectamente mentres prepara a exposición da súa tese. No día clave, un pequeno erro pon a súa situación ao borde do abismo. Marguerite entón decide facer borrón e conta nova, e empezar de cero. O filme é unha mestura de drama e intriga que empeza ambientado no mundo universitario para centrarse na crise existencial da súa protagonista, magníficamente interpretada por Ella Rumpf, que gañou o Premio Cesar á melloractriz revelación en Francia.
Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en versión orixinal subtitulada.