Comunicado da anpa do Esmu/Cmus do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Anpa do conservatorio do Carballiño de novo denuncia a falta de transparencia e participación da comunidade educativa na xestión do  centro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pasado Martes celebrouse unha reunión do consello escolar debido a que o centro ten que aprobar con urxencia a “Programación Xeral Anual” (PXA) para presentar a Inspección educativa. A representación de NAIS/PAIS votamos “Abstención” xa que o documento non ven acompañado de ningún dato organizativo do centro nin memoria económica. A representacións de Pais/Nais non podemos votar a favor dun documento vacío de  datos e vacío de obxectivos e solucións para o noso centro.

As reunións  do consello escolar siguen sendo un puro trámite-estéril , na que non se atenden as propostas da comunidade educativa , e donde incluso agora nin se presentan as actas das anteriores reunións para súa aprobación. Cando hai que tratar algún punto incomodo para os responsables do centro  “levantan a sesión”  sin respetar e tratar a orden do día da reunión.

A concelleira de educación na reunión non anunciou ningunha mellora ou solucións para o centro,  nin plazos para obras do radón e plan de autoprotección, ou  plazos para solucionar as novas taxas . Tampouco hai solucións para a falta de profesorado e substitutos asi como  a situación laboral do profesorado que siguen con contratos precarios , sin vixianza da saúde e protección de riscos laborais.

Asemade sigue sin solucionarse a discriminación  dos alumnos da comarca que non están empadroados no Carballiño. A valedora do Pobo está a tratar unha queixa sobre a diferenza de trato por discriminación económica no pago das matriculas  e diferenza de trato por  desigualdades de oportunidades o acceso a ensinanza musical . Hoxe, tal como está a normativa que implantou a área de educación e de cultura do concello , un neno ou nena  non empadroado/a  na vila do Carballiño non pode acceder a ensinanza musical  profesional no conservatorio do Carballiño . Na queixa presentada a Valedora do Pobo solicitase a Consellería de Educación da Xunta de Galicia  que solucione a situación  para os nenos da comarca por  falta de oportunidades e opcións para realizar a formación musical profesional nun conservatorio público.

As nenas e nenos dos diferentes  concellos da Comarca do Carballiño (Maside, Piñor de Cea, San Crístobal de Cea, Boborás, O Irixo , San Amaro, Beariz, Punxin,) accederon a educación musical no Carballiño sempre nun marco de igualdade de oportunidades e acceso sen ningún tipo de discriminación . Pedimos que os nosos gobernantes no Concello e na Consellería de Educación solucionen as discriminacións e diferenzas de trato entre os nenos da capital de Ourense e os nenos  da comarca do Carballiño. Un neno  da capital pode acceder  o conservatorio autonómico  ,financiados o 100% pola Xunta de Galicia, a ensinanza profesional musical sin apenas costes para as familias e con opcións a un ensino de calidade e  unha ampla oferta educativa instrumental.