O BNG demanda un mellor financiamento para o servizo de axuda no fogar do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A voceira municipal do BNG do Carballiño, Sofía García, trasladará ao vindeiro pleno municipal unha serie de demandas para a mellorar do Servizo de Atención ao Fogar, sinalando as grandes carencias dun servizo que ten 87 usuarias na vila, 18 de libre concorrencia e 69 usuarias de SAF dependencia. Desde o BNG do Carballiño solicitamos da Xunta de Galiza  a reformulación do modelo de financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), incrementando o seu financiamento até alcanzar o financiamento integro do servizo, declaraba a voceira nacionalista.  Actualmente o SAF finánciase a través de módulos de financiamento nos que a Xunta achega 12 euros a hora e o resto se divide entre as aportacións municipais e das persoas usuarias en función do seu nivel de renda e patrimonio das mesmas. “É evidente que un servizo tan importante para garantir o envellecer no fogar esixe dun maior esforzo inversor por parte da Xunta que hai que lembrar é a titular das competencias en servizos sociais e atención á dependencia, tal e como se recolle na Lei de Servizos sociais de Galiza e a Orde que regula o SAF (2009)” indicou a nacionalista. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As nacionalistas tamén lle demandan á Xunta de Galiza ampliar o número de horas e a carteira de servizos  de atención no domicilio, para garantir o dereito a envellecer no propio fogar coas mellores condicións de vida.  Actualmente no noso concello, sinala a voceira do BNG, hai unha longa lista de agarda, persoas que levan até tres anos agardando a que se lles preste o servizo e, as persoas usuarias do servizo que están a espera da ampliación do número de horas até o máximo que lles concede a lei. Unha parte importante da vellez en Galiza está condicionada por algunha discapacidade ou dependencia o que esixe das institucións públicas accións firmes encamiñadas a cumprir cun obxectivo fundamental, engadir vida aos anos, como sinalan diversos organismos internacionais como a propia OMS, na Estratexia Mundial sobre o envellecemento e a saúde (2016-2030).