Ribeiro en Común volve reivindicar que se adopten medidas por parte do goberno local e do Concello para que as calzadas destas dúas rúas, as principais da nosa vila, sexan melloradas.
Tamén pedimos que se mellore o pavimento e accesos da Estación de buses, cuxo aspecto é propio dunha zona abandonada, causando moi mala imaxe da nosa vila.
Ribadavia 28 de outubro.
Ribeiro en Común reclama que se continúe coa mellora iniciada polo anterior goberno na rúa Veronza e rúa Ribeiro, e así mesmo, que o Concello continúe reclamándolle a Xunta o asfaltado e mellora da rúa Progreso, desde o cruce da Franqueirán ata San Paio.
Non se entende que o goberno local deixara pasar dous plans de obras provinciais sen arranxar graves fochancas en zonas de moito tránsito diario, ,mentres a Deputación arranxaba estradas sen apenas movemento de vehículos.
Pedimos as nunha MOCIÓN as seguintes melloras:
Zona Centro: A rúa Progreso, de titularidade autonómica, atopase cada día en peor estado. Cando estabamos no goberno, o Concello así llo demandou a Xunta.
Zona Arrabaldo: realizouse no goberno de coalición do pasado mandato o arranxo da rúa Veronza, e melloras puntuais da rúa Ribeiro, realizándose con fondos unicamente municipais, ante a negativa da Deputación en colaborar con Ribadavia. A situación actual da rúa Ribeiro é se cabe a peor, sendo de titularidade local.
O estado de ambas estradas é moi malo e urxe unha mellora o antes posible.
A pesar das reiteradas peticións do Concello no pasado mandato, e das peticións da oposición ao actual goberno local de Ribadavia, aínda non se abordou o problema. Outras estradas de outros municipios, sen embargo, si están sendo arranxadas con investimentos importantes na nosa comarca por parte da Xunta e da Deputación, non en Ribadavia, a quen continúan discriminando.
Por todo o anterior, facemos a seguinte PROPOSTA PARA A SÚA APROBACIÓN:
1. Que o Concello de Ribadavia demande a Xunta a mellora da estrada antiga Nacional 120, da rúa Progreso, Redondela, zona rúa Piñeiral, San Francisco, e zona Estacións.
2. Que o Concello de Ribadavia demande á Deputación o financiamento para a mellora da rúa Ribeiro.
3. Que o Concello poña a funcionar o punto de carga eléctrica de vehículos instalado no anterior mandato, tomando as medidas necesarias para elo.
4. Que se convoque Comisión de Tráfico de maneira inmediata.