A Deputación mobiliza preto de 213.000 euros en axudas á cooperación con municipios e coas ANPAS da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Diferentes concellos recibirán 198.000 euros en achegas para cofinanciamento en proxectos municipais de eficiencia enerxética, rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación de edificacións e reparación de fosas sépticas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Goberno tamén aprobou a resolución do concurso para a concesión de subvencións a ANPAS de 21 centros educativos de Ourense, por un importe de 14.877,63 euros

Ourense, 30 de outubro de 2024.

A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión semanal, vén de mobilizar un total de 212.877,63 euros en axudas á cooperación, tanto para diferentes municipios da provincia como para entidades.

Así, aprobouse a resolución do concurso para a concesión de subvencións a asociacións de pais e nais (ANPAS) de centros educativos de Ourense, por un importe de 14.877,63 euros para os 21 beneficiarios.

No que atinxe ás axudas á cooperación municipal, a Xunta de Goberno vén de destinar 198.000 euros a diferentes municipios. Estas achegas irán destinadas ao cofinanciamento do IDAE en proxectos municipais de eficiencia enerxética, para rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación de edificacións e reparación de fosas sépticas.