A Mostra de Teatro Amador ‘Terras do Orcellón’ reanuda mañá, 1 de novembro, a súa programación co grupo Disfunción Continua, da Estrada (Pontevedra), coa comedia “Entrañas negras”, para que botemos unhas risas coa historia de tres irmáns, Isaura, Hortensia e Aurora, que están a velar o cadáver do defunto marido de Isaura no pazo familiar, onde semella que os reloxos quedaron parados noutro tempo. Filomena, a fiel criada, parece o seu único contacto co exterior. Nunha noite de treboada no mes de agosto, o sobrenatural e o real mestúranse na escena intentado confundir ao espectador, poñendo ao descuberto os segredos do pasada do pazo, que máis pronto ou máis tarde era inevitable que saíran á luz. A obra ten unha duración de 85 minutos e está dirixida a tódolos públicos, e ofrecerase ás 20,00 horas no Auditorio Manuel María.
Ao día seguinte, o sábado 2, serán os actores do grupo Ateco da Coruña os que se responsabilizan de representar a comedia “Refacho”, explicándonos as voltas e revoltas que pode ocasionar a fortuna de alguén que marchou deste mundo sen herdeiros lexítimos. Unha muller excéntrica e aventureira que viviu como quixo, deixando unha colección inútil que ninguén quere. Os pequenos e, nalgún caso, miserables conflitos dos achegados que se creen con dereito a herdar. E sempre o espírito da falecida (Benilde) e a súa colección presente mediante golpes de vento que penetran e saen entre escenas. Ten unha duración de 70 minutas e está dirixida a un público maior de 12 anos. A representación terá lugar tamén ás 20,00 horas no auditorio municipal.