Espazo Común demanda a construción de beirarrúas entre os núcleos de Partovia e Porto de Eguas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Será para o pleno ordinario a celebrar a finais de novembro cando o Grupo Municipal de Espazo Común do Carballiño propoña a construción das beirarrúas en ambas marxes da estrada que une os núcleos de Partovia e do Porto de Eguas. “É esta unha vella demanda dos veciños da zona que xa merece ser atendida dunha vez, pois trátase dunha área moi transitada na que o perigo para os peóns é patente”, según expoñen dende esta formación política.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Engaden que se trata dunha “estrada de titularidade autonómica, a OU-208, que neste tramo é case toda unha recta polo que a velocidade dos vehículos, en moitos casos, é moi superior á aconsellable”, na que os viandantes vense na obriga de circular polo mesmo firme da calzada, ante a ausencia total de ningunha outra opción.

Por este motivo, Espazo Común considera que “é tempo de atender esta necesidade por parte das administracións implicadas”, xa que “sí que cremos no rural e en dar todo o apoio posible ás familias que deciden vivir nel”, e engaden que “non basta con cambiar unha farola de vez en cando e un bombardeo de fotos recalcando o obvio, cómpre buscar inversións, cómpre dar calidade de vida”.