Cáritas do Carballiño pon a súa Conta a disposición para quen queira colaborar cos afectados da DANA en Valencia.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nun acto de solidariedade e compromiso coas vítimas da recente DANA (Depresión Illada en Niveis Altos) que golpeou á comunidade de Valencia, Cáritas do Carballiño decidiu poñer a súa Conta a disposición para quen queira colaborar cos afectados da DANA en Valencia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A organización fixo un chamado á xenerosidade da comunidade, convidando a todas aquelas persoas e entidades que queiran axudar a realizar doazóns. “Sabemos que en momentos de crise, a unión e a solidariedade son fundamentais. Desde Cáritas do Carballiño queremos poñer o noso granito de area e facilitar unha C/C para quen queira colaborar cos afectados da DANA”

A conta habilitada para recibir doazóns é a ES6601820635510201538409

Cáritas comprométese a destinar todas as achegas recibidas a proxectos de axuda inmediata para as persoas e familias afectadas, que perderon fogares, bens e, nalgúns casos, seres queridos. “Cada doazón, por pequena que sexa, pode facer unha gran diferenza na vida de alguén que está a sufrir. Xuntos podemos axudar a reconstruír o que se perdeu”, engadiron.

Cáritas do Carballiño anima a todos os cidadáns a colaborar nesta causa e a difundir a información para chegar ao maior número posible de persoas.

A colecta do próximo Domingo 3 de novembro tamén se destinaran a Paiporta.