Beth Willard visita O Ribeiro para elaborar un informe sobre os viños da Denominación de Orixe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Denominación de Orixe Ribeiro recibiu esta semana a Beth Willard, experta internacional en viños, en calidade de representante do Master of Wine Tim Atkin para preparar un informe detallado con puntuacións sobre os viños de Galicia, no marco dos ‘Special Reports’, publicacións periódicas que emiten sobre as distintas denominacións de orixe. Durante o seu percorrido polo Ribeiro, Beth coñeceu de primeira man 24 adegas e proxectos vitivinícolas, probando un total de 150 viños brancos e tintos; de elaboracións especiais como barrica ou lías, monovarietais ou mestura de variedades autóctonas, de diferentes colleitas dende 2012 ata 2023, apreciando así a súa evolución no tempo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A presidenta do Consello Regular da D.O., Concha Iglesias, puido conversar coa experta catadora e comentou que “o traballo desta recoñecida prescriptora  durante catro xornadas completas, coa intención de visitar moitas adegas e catar o máximo número de viños, amosa que a nosa rexión e os seus viños suscitan gran interese a nivel internacional”. Galicia, e, en particular O Ribeiro, é unha zona de gran interese para Atkin e Willard. O obxectivo principal da visita de Beth “é poder elaborar un informe detallado con puntuacións individuais do meirande número de viños posible, para que posteriormente poidan ser utilizados polos produtores para a súa promoción e lograr proxección nos mercados internacionais”.

As adegas participantes nesta acción foron Viña Mein-Emilio Rojo, Pazo de Casanova-Finca Viñoa, El Paraguas, A Vilerma, Parente García, Cunqueiro, Cuñas Davia, Pablo Vidal, Xulia Bande, Adega do Moucho, Ramón do Casar, Iván Pateiro, Coto de Gomariz, Casal de Armán, Viños de Encostas, Celme, Manuel Formigo, Viña Costeira, Casal do Canteiro, Eduardo Bravo, Siah, Alanís, Bodegosa y Campante.