O Arenteiro regresa a Espiñedo para enfrontarse ao Amorebieta, actual colista na clasificación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Club Deportivo Arenteiro afronta unha nova xornada, a dudodécima, no grupo 1º da Primera RFEF, no seu regreso ao campo de Espiñedo, onde se enfrontará o vindeiro domingo dende ás 12,00 do mediodía ao conxunto da Sociedade Deportiva Amorebieta. O equipo carballiñés viaxou a pasada fin de semana  ata o País Vasco e trouxo de volta outros tres puntos tras gañar 0-1 no campo de Zubieta ao Real Sociedade B, mantendo así a segunda praza con 20 puntos e desprazando aos ‘txuri urdin’ da terceira á cuarta da clasificación, mentres a S.D. Amorebieta é a actual colista da clasificación, con tan só 7 puntos, o último conquerido grazas ao empate colleitado na casa precisamente fronte ao líder Cultural Leonesa (1-1). Asemade, o equipo de Vizcaia anunciou o pasado mércores a contratación como novo adestrador de José Ignacio González Sáenz, máis coñecido como Natxo González.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na súa comparecencia de hoxe ante os medios de comunicación, o propio Raúl Jardiel destacaba a boa actitude dos xogadores e que vén comprobando coma nos últimos partidos “están a desfrutar do seu xogo”, e engadíu que o plantexamento cara o partido do domingo “é unha incógnita”, tendo en conta o cambio de adestrador no Amorebieta. Coa excelente racha que está a atravesar o equipo que adestra Raúl Jardiel, confíase en que o domingo haxa unha afluencia importante de seareiros no campo municipal de Espiñedo, ilusionados cara unha nova victoria e o mantemento dos verdes nas posicións de honra na táboa clasificatoria.