O Concello do Carballiño promove a compostaxe de residuos orgánicos en Corzos e A Uceira

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O departamento de Servizos Públicos e Benestar do Concello do Carballiño vén de convocar para mañá, sábado 9 de novembro, ás veciñas e ós veciños de A Uceira e Corzos a sendas xornadas informativas vencelladas cos composteiros comunitarios instalados nestes dous barrios da periferia da vila, que permitirán aos usuarios depositar neles os residuos orgánicos e biorresiduos xenerados nos seus fogares. O municipio do Carballiño, xunto con Pereiro de Aguiar e Xinzo de Limia, forma parte dun proxecto para a promoción da reciclaxe da fracción orgánica dos residuos en orixe por medio da compostaxe comunitaria. Este programa está impulsado pola Deputación Provincial de Ourense coa colaboración da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado polos fondos ‘Next Generation’ da Unión Europea.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste sentido, técnicos da institución provincial e drra empresa Ancaria desprazaranse mañá ata O Carballiño, onde manterán unha xuntanza informativa cos veciños da Uceira, ás 11,00 horas, e de Corzos, ás 12,00 horas, nas respectivas áreas de compostaxe comunitario alí instaladas. Dende a área municipal de Servizos Públicos lembran que “aquelas persoas que non poidan asistir mañá a estas xornadas teñen a oportunidade de acudir o vindeiro día 23 de novembro, tamén sábado, día no que se repetirán estes actos formativos”. Asemade, avisan á veciñanza da Uceira e Corzos que “nestes intres se está a realizar unha enquisa porta a porta nas zonas onde se instalaron os composteiros comunitarios, co fin de recabar datos para esta experiencia piloto”.

Este proxecto permitirá á Deputación e ao Concello do Carballiño ser pioneiros na compostaxe comunitaria, para conquerir unha mellor solución para os residuos e contribuír ao mesmo tempo a evitar o depósito de restos vexetais procedentes das podas nos colectores municipais ou na vía pública. Os responsables municipais confían en que este programa de reciclaxe sexa un éxito e que a veciñanza da Uceira e Corzos colabore na reducción dos residuos orgánicos e vexetais no colector verde.