O delegado territorial da Xunta visita as obras do novo párking para camións do polígono industrial de San Cibrao

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • Manuel Pardo salientou que esta nova infraestrutura, que conta cunha axuda da Xunta de 300.000 euros resolverá unha demanda histórica dos profesionais, empresas, traballadores e usuarios deste Polígono

Ourense, 08 de novembro de 2024.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá, acompañado do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e da alcaldesa de San Cibrao, Marta Novoa, o novo párking para camións do Polígono de San Cibrao.

O delegado territorial explicou que o proxecto, promovido co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense e a colaboración da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao, habilita 59 prazas de aparcadoiro para camións e dous inmobles separados -para homes e mulleres- con vestiarios e zonas de descanso diferenciadas, controis de acceso e videovixilancia para fomentar un servizo no que prime a seguridade con perspectiva de xénero e para facilitar o traballo feminino no sector do transporte. As prazas teñen unhas dimensións mínimas de 3,30 metros de ancho por 16,50 metros de longo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Manuel Pardo salientou que esta nova infraestrutura, que conta cunha axuda da Xunta de 300.000 euros, resolverá unha demanda histórica dos profesionais, empresas, traballadores e usuarios deste Polígono: aliviar o exceso de vehículos pesados dos viais, proporcionándolles un lugar de estacionamento seguro e dotado de todos os servizos necesarios.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------