Este sábado, na tenda OZOCOgz vai estar Juan Carballo coa súa última posta en escea poética, PORTUGALEGO.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Bo día.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este sábado, na tenda OZOCOgz deseño galego vai estar Juan Carballo coa súa última posta en escea poética, PORTUGALEGO.

PORTUGALEGO é unha historia de amor, mais tamén é unha volta ás raíces, un chamamento para ollar as semellanzas entre galegos e portugueses. Esta é unha actuación fronteiriza tanto na lingua como na sesión poética, na que combina  poemas  de  autores  portugueses,  autores  galegos  e  poemas propios.
PORTUGALEGO é a nova xira de Juan Carballo en solitario para continuar o seu idilio con Portugal onde, así como na  Galiza, presenta  o seu novo proxecto en distintas vilas e cidades.
Juan Carballo é un artista galego que flutua entre o mundo literario e o musical.  Ademais  de  publicar  poemarios  e  discos,  realiza  concertos  e recitais.  Posúe  unha  voz  propia  e  unha  traxectoria  con  numerosas publicacións e xiras nos últimos anos.

Mais info: www.juancarballo.es