O Colectivo Veciñal Carballiño pide ó concello máis apoios para o seu sector

Aseguran que levan varios anos coa sensación de que o goberno do Carballiño tenta desmantelar o forte tecido de representatividade veciñal que chegou a haber. Aseguran que a situación comenzou cando aforman que o concello puxo dificultades para a concesión de subvencións que servían para organizar actividades e dar vida ás parroquias e ós barrios ó mesmo tempo que a afirman que a outros colectivos se lle multiplicaban. Recalcan que o actual goberno tampouco fixo nada para evitar a desaparición da Federación Veciñal.

O pasado venres tivo lugar unha comisión na que formaban parte e na que afirman que sentiron “unha nova puñalada política”. Demandan ao goberno e ao alcalde máis respecto e compromiso co seu traballo. Este consello de participación cidadá tiña a finalidade de revisar os orzamentos e de que as asociacións presentaran as demandas veciñais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Afirman que a xuntanza convocouse tres días antes e non cos sete que marca o regulamento do propio concello e cos orzamentos xa pechados para levar a pleno a próxima semana. Aseguran que  se facilitou ningunha documentación, nin o anexo de subvencións, nin o de inversións.

A reunión foi fixada polo alcalde para as 11 da mañá dun día laborable, o que ocasionou que varios dos colectivos non poideran estar representados.