O grupo socialista leva ao parlamento unha iniciativa para reclamarlle á Xunta que o Capd de Ourense teña xestión pública directa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas, Carmen Rodríguez Dacosta, Elena Espinosa Mangana e Silvia
Longueira Castro, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160
do Regulamento da Cámara, presenta ante a Mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.
Máis de oito anos levan loitando, en Ourense, as familias de persoas con
discapacidade para que a Xunta de Galicia constrúa e poña en funcionamento
un centro de atención para persoas con discapacidade, de titularidade e xestión
pública directa, do que xa dispoñen o resto de provincias galegas.
Loitan, estas familias, polo dereito das persoas con discapacidade ou
diversidade a recibir atención nun centro público de calidade terapéuticoocupacional
preto das súas casas, sen ter que se desprazaren de provincia. E
co fin de que as persoas con diversidade ou discapacidade acaden os
mesmos dereitos para os seus fillos e fillas que o resto das persoas galegas.
Nestes momentos e despois de moitos atrancos estase rematando a súa
construción no barrio de Barrocas, sen que ata o momento a Xunta de Galicia
garanta aos pais e nais que a súa xestión será pública e directa.
Dende o Grupo Parlamentario Socialista consideramos urxente que a Xunta de
Galicia a través da Consellería de Política Social aporte as explicacións que
merecen as familias e afectados directos que levan tantos anos loitando polos
seus fillos e fillas e que o Goberno galego lles garanta dunha vez por todas
que a xestión do CAPD será público e de xestión directa.
Ante esta situación, faise preciso propoñer a adopción do seguinte acordo:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a garantir ás familias dos
futuros usuarios do CAPD de Ourense que a xestión do CAPD será pública
e de xestión directa.