O estudantado do Carballiño asistirá ás proxeccións das Xociviga, inauguradas hoxe no Auditorio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe acendeuse o proxector no Auditorio Manuel María do Carballiño nunha nova edición das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga), que xurden neste ‘ano cero’ coma festival internacional de curtametraxes e que se extenderán ata o domingo, día 24, cun amplo programa de sesións de entrada libre e gratuíta e con horarios das 11,30, 17,30, 19,00 e 20,30 horas. A primeira sesión da mañá consistíu nunha retrospectiva da filmografía do director italiano Pier Paolo Pasolini coa proxección de “Comizi d’amore”, do ano 1964, seguida dun coloquio, mentres que pola tarde levouse a cabo o acto da inauguración oficial do festival cunha escolma de imaxes e vídeos do Carballiño que recollen, ao longo dunha hora, a súa historia dende 1952 ata 2021.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As xornadas de mañá, xoves, e pasado, venres, terán un protagonismo especial para o estudantado de primaria dos centros de ensino da vila, coas sesións ‘Xermolar I’ e ‘Xermolar II’, unha sección non competitiva de curtas infantís de todo o mundo, dende as 11,30 horas, e cunha duración de 40 minutos cada unha delas. Dentro da competición internacional tamén se ofrecerán mañá ao público as sección ‘Xentes I’ e ‘Xénese I, ás 17,30 e 19,00 horas’, respectivamente, e ‘Xentes II’ as 20,30 horas, mentres o venres será o turno, co mesmo horario, de ‘Xénese II’ e ‘Xentes III’. A sección ‘Xentes’, está formada por 4 curtas galegas (Xentes de aquí) e 18 curtas non galegas (Xentes de acolá), que serán seleccionadas por un xurado profesional, que entregará o premio a Mellor Curtametraxe e a Mellor Curtametraxe Galega. A competición de curtas nacionais, ‘Xénese’, realizadas por directores e directoras noveles menores de 30 anos, serán valoradas por un xurado novo e a correspondente entrega do premio a Mellor Curtametraxe Xénese. O xurado do certame estará constituiído por Matilde Rodríguez, xestora cultural e comisaria de exposicións; Bruno Arias, director, guionista e montador, e Lucía Mera, xornalista e consultora de comunicación cultural.

A organización destaca o feito de que nas últimas edicións das Xociviga víñanse recibindo de 30 a 50 curtametraxes para concursar, mentres este ano chegaron preto de 1.000 de 39 países diferentes, dos cales foron seleccionados ao redor de 40 traballos, alguns deles procedentes dos Festivais de Cannes e Venecia, da Berlinale,  e do Festival Internacional de Cine de Animación de Annecy, entre outros, de xeito nas Xociviga teremos 23 estreas en Galicia”.