O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre o Agrupamento Europeo de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Raia Seca Gerês-Xurés

Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños, Cualedro, Oímbra e Monterrei. O norte de Portugal estará representado por Montalegre, Terras de Bouro, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Melgaço

Ourense, 20 de novembro de 2024.

O vindeiro 29 de novembro de 2024 celebrarase no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o evento final do proxecto europeo RAIA SECA GERÊS-XURÉS: Gobernanza Transfronteiriza da Fronteira Interior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, cofinanciado polo Programa Interreg VI España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. Este seminario internacional será un foro para valorar os logros acadados, fomentar o debate e impulsar novas perspectivas de cooperación transfronteiriza.

Este evento final contémplase nas actividades a desenvolver dentro do proxecto Raia Seca Gerês-Xurés, que ten como obxectivo final a creación do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) na Raia Seca e a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX).

O Comité de Xestión do Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, na súa reunión do 6 de xuño de 2023, acordou a concesión de unha axuda FEDER de 260.792,71 euros, dun orzamento total de 347.723,62€ ó proxecto Raia Seca Gerês-Xurés: Gobernanza Transfronteiriza da Fronteira Interior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, presentado á Segunda convocatoria, do cal a Deputación de Ourense é socio, cun orzamento total de 121.250 euros.  

O proxecto ten como socios portugueses, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho), Comunidade do Vale do Cávado (CIM CÁVADO) e a Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega e Barroso (CIMAT),  e da parte ourensá a Deputación de Ourense e o Inorde.

Concellos ourensáns participantes

Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán os de: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños, Cualedro, Oímbra e Monterrei. O norte de Portugal estará representado polos municipios de Montalegre, Terras de Bouro, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Melgaço.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a eficiencia das administración públicas promovendo a cooperación xurídica e administrativa e a colaboración entre os cidadáns, os representantes da sociedade civil e as institucións, en particular con miras a resolver obstáculos xurídicos e as trabas doutra índole nas rexións fronteirizas.

Neste contexto, as administracións locais toman a iniciativa de promover a intensificación das dinámicas transfronteirizas xa existentes, a través da creación dun Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) que facilite a xestión do “ben común” e promova o desenvolvemento deste territorio transfronteirizo de forma colaborativa e harmoniosa.  A Deputación de Ourense convida á cidadanía, ás institucións e ós representantes da sociedade civil a participar neste evento clave.

É preciso lembrar que o xerme desta iniciativa foi a sinatura de Declaración Conxunta para a Constitución do AECT no contexto da “Raia Seca” e da RBTGX, que tivo lugar o pasado dia 14 de decembro de 2022 en Arcos de Valdevez, e que asinaron 8 entidades portugueses e 14 entidades ourensáns, 13 concellos arraianos e a súa promotora, a Deputación de Ourense.

Un programa protagonizado por relatores de prestixio

O seminario contará cunha serie de intervencións destacadas que permitirán reflexionar sobre os retos e oportunidades da cooperación transfronteiriza na Raia Seca. Entre os relatores principais destacan:

    •    Valerià Paül Carril, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, quen presentará a publicaición sobre a analise do futuro AECT RAIA SECA GERÊS-XURÉS, un documento clave para entender o potencial deste proxecto.

    •    Serafín Pazos Vidal, experto senior en Desenvolvemento Territorial na EADIL (Bruxelas), que afondará no concepto de Rural proofing para o desenvolvemento local na Raia, achegando unha visión innovadora para fortalecer as áreas rurais transfronteirizas.

    •    Martín Guillermo Ramírez, secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) con sede en Gronau (Alemaña), quen abordará o tema O futuro das AECT en Europa, reflexionando sobre o papel destas agrupacións no fortalecemento da cooperación rexional.

    •    Oliverio Graça, técnico superior de Cooperación Territorial Europea na Axencia para o Desenvolvemento e Cohesión (AD&C) de Lisboa, que exporá as novas fontes de financiamento para proxectos de cooperación no ámbito do programa Interreg.

O programa será o seguinte:

Seminario sobre o AECT RAIA SECA GERÊS-XURÉS (Evento final)

Salón de actos do Centro Cultural ¨Marcos Valcarcel¨ da Deputación de Ourense

Ourense, 29 de noviembre de 2024.

De 10,30 a 10,50 h.: Presentación oficial do evento final. 

  • Representante da Deputación de Ourense
  • Representantes portugueses.

De 10,50 a 11,00 h.: Resultados do proxecto RAIA SECA GERÊS-XURÉS.

·         Paulo Queiroz – Primeiro secretario do CIM Alto Minho.

·         Fco. Javier Rodríguez-Novoa – Xefe da Sección de Planificación, Seguimento de Investimentos e Proxectos Europeos.

De 11,00 a 11,20 h.: Presentación do libro de ¨Síntese do análise e do diagnóstico do futuro AECT RAIA SECA GERÊS-XURÉS¨.

·         Valerià Paül Carril – Profesor universitario da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

De 11,20 h. a 11,40 h.: ¨Rural proofing para o desenvolvemento local na Raia¨.

·         Serafín Pazos Vidal – Experto Senior en Desenvolvemento Territorial na AEIDL, European Association for Innovation in Local Development, con sede en Bruxelas (Béxica), e redactor técnico do Comité das Rexións do Regulamento INTERREG 2012-2027.

De 11,40 a 12,00 h.: Pausa café.

De 12,00 a 12,20 h.: ¨O Futuro dos AECTs en Europa¨.

·         Martín Guillermo Ramírez – Secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) con sede en Gronau (Alemania).

De 12,20 a 12,40 h.: ¨Máis alá do transfronteirizo: outras fontes de financiamento para proxectos de cooperación no ámbito do programa INTERREG¨.

·         Olivério Graça – Técnico Superior de Cooperação Territorial Europeia da Agência para o Desenvolvimento e Coesão, IP – AD&C con sede en Lisboa (Portugal)

De 12,40 a 13,00 h.: Debate aberto e preguntas do público. Xantar informal.

Para garantir a mellor organización posible, agradecese a inscricición previa a través do seguinte correo electrónico: info@la10planta.com ou contactando coa secretaria técnica do evento (Cristobal: (698) 18 37 61).

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------