A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir a contaminación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 21 de novembro de 2024.

Os socios do proxecto Circular Ecosystems, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do programa Interreg VI-A España-Portugal 2021-2027 (POCTEP), visitaron a Denominación de Orixe Monterrei durante a súa reunión de seguemento semestral, no marco da iniciativa liderada pola Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). O organismo provincial promove no marco deste proxecto o deseño dunha solución sistémica e unha acción piloto aplicada á viticultura rexenerativa, que terá como área de intervención a comarca de Monterrei.

En concreto, a comarca de Monterrei será obxecto dunha iniciativa que contribuirá a impulsar unha viticultura máis respectuosa co solo e coa propia viña. Esta experiencia piloto centrarase en revalorizar os residuos orgánicos da propia viña e reducir a contaminación.

Os socios do proxecto coñeceron a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o viñedo experimental provincial, así como adegas que aplican prácticas circulares e novas plantacións, que contribúen á rexeneración do solo degradado e a prevención de incendios forestais.

A axenda tamén contemplou unha reunión de traballo entre os socios Fundación Patrimonio Natural de Castilla y León, Ayuntamiento de Valladolid, Diputación de Ávila, Municipio de Guimarães, Municipio de Matosinhos e o propio Inorde. No encontro de traballo, os socios analizaron o plan de acción nos territorios implicados e o mapeo das cadeas de valor que se estudan no proxecto, tales como a de solo, auga e nutrientes; téxtil e otros productos de consumo ou construción.

Neste sentido, o Inorde presentou o mapeo de axentes da cadea de valor “solo, auga e nutrientes” na provincia de Ourense, como paso previo á fase de deseño da solución sistémica e da acción piloto que contribuirá a impulsar unha viticultura rexenerativa.

O proxecto “Circular Ecosystems: Ecosistemas territoriales y soluciones sistémicas de Economía Circular”, cuxo obxectivo é previr a contaminación, estará en execución ata o ano 2026. O obxectivo é seguir impulsando unha estratexia provincial que promove unha agricultura sostible, dotando de ferramentas ao tecido produtivo.