A oposición que conforma Corporación municipal de Cenlle, integrada polo PSdeG-PSOE, BNG e CxG, abandoaron a sesión plenaria de onte, en solidariedade coa expulsión da voceira do BNG por parte da alcaldesa, a popular Rebeca Sotelo. Según unha nota de prensa asinada polos tres grupos, a sesión transcorría con aperente normalidade ata que a concelleira do BNG, Carmen Fernández Fernández, aborda un tema de especial sensibilidade para o equipo de goberno como é o estado do padrón municipal. Dende a oposición aseguran que comparten a inquietude de que o actual estado do padrón municipal está cheo de irregularidades, a consecuencia das cales se consigue soster a maioría absoluta actual do PP, hoxe máis fráxil ca nunca. Cando a concelleira nacionalista formulou a pregunta “Van facer cumprir os requisitos ás persoas que estean empadroadas de forma fraudulenta? Van incoar de oficio expedientes de baixa por inscripcións indebidas?”; viuse de manifesto o nerviosismo da actual alcaldesa, a cal atinou a contestar que o Concello de Cenlle “Carece dos medios necesarios para controlar ditas irregularidades”.
Esta explicación non contentou á oposición, no sentido de que outros concellos de igual ou menor peso demográfico sí poden levar a cabo as pesquisas pertinentes e ademáis, de haber vontade política, o municipio podería solicitar a colaboración de outras institucións para corrixir estas irregularidades o cal, ademáis, é a súa competencia e deber. Ante a insistencia por tratar de afondar no asunto por parte de Carmen Fernández, a alcadesa quería zanxar o asunto reiterando que se pasase á “seguinte pregunta”, mais a persistencia por parte da edil do BNG atopou como resposta tres chamadas ao orde por parte da alcaldesa en menos dun minuto, procedendo a expulsala da sesión plenaria.
Esta insólita decisión sobre un asunto no que a oposición en conxunto manten un xenuino e lexítimo interese, levou a que tódolos grupos da oposición, representantes da maioría dos votos do municipio, e incluso a veciñanza presente no pleno, decidisen abandoar a sala de plenos en solidariedade coa concelleira do BNG e manifestando tamén o rexeitamento a actitude autoritaria por parte da alcaldía.