A provincia de Ourense precisa que o Sergas contrate 20 profesionais de enfermaría nos Pac para cumprir coa ratio do resto de Galicia

Carmen R. Dacosta esíxelle ao goberno galego que reforce o persoal de enfermaría nos PACs de Verín, Ribadavia e Celanova e a mellora das condicións laborais

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024. A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta sinalou hoxe que os centros de saúde de Ourense precisan contratar 20 profesionais de enfermaría adicionais para cumprir coa mesma ratio que o resto de Galicia. Dacosta presentou unha pregunta oral na Comisión de Sanidade na que denunciou a discriminación na atención sanitaria da provincia pola xestión do goberno galego.

Dacosta sinalou á situación concreta dos Puntos de Atención Continuada de Verín, Ribadavia e Celanova, onde teñen unha maior dispersión xeográfica e nos que as enfermeiras padecen “discriminacións intolerables” cunha sola enfermeira por cada centro. Esta “situación límite” deriva na perda da calidade na atención sanitaria á cidadanía.

Esixiulle ao goberno galego que asuma a responsabilidade de resolver esta situación “lesiva e discriminatoria” para as profesionais que deriva na perda da calidade asistencial derivada da xestión “totalmente nefasta” do Sergas na provincia. Advertiu que o Sergas está a incumprir o acordo asinado en xullo de 2019 para rematar coa discriminación no cómputo da xornada laboral e as retribucións destas profesionais, provocando unha situación “lesiva e discriminatoria”.

Os socialistas galegos reclamaron a equiparación dos equipos entre médicos e enfermeiras, escoitando as reivindicacións destas profesionais para reforzar a plantilla e rematar coa discriminación salarial  en relación coas gardas complementarias e o cómputo da xornada.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------