Un programa permitirá a conciliación das familias de Ribadavia no vindeiro Nadal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia pon en marcha o programa “Concilia no Nadal”, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación das familias durante as festas de Nadal e Reis. Este servizo estará dispoñible para nenos e nenas de 3 a 14 anos en varias xornadas: os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e o 2, 3 e 7 de xaneiro, e en horario de 8,30 a 14,00 horas. As solicitudes poderán presentarse entre os días 4 e 12 de decembro a través da sede electrónica de Ribadavia (ribadavia.sedelectronica.gal) ou nas oficiñas do departamento de Servizos Sociais na Casa do Concello.

COMERCIAL ORCELLÓN

Os prezos contemplados para esta campaña de conciliación son de 25 € para participantes empadroados no municipio; 15 € para familias numerosas, monoparentais e a partir do segundo irmá, e, finalmente, 50 € para non empadroados. Este programa, que conta co apoio da Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e Igualdade, e o Ministerio de Igualdade, forma parte do plan “Corresponsables” e ten como obxectivo principal ofrecer un espazo seguro e educativo para os máis pequenos durante as vacacións escolares.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------