O ‘Nadal Cultural’ ofrece un amplo programa de actividades no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A programación do ‘Nadal Cultural 2024’ promovida pola Concellería de Cultura do Concello do Carballiño contempla unha manchea de actividades nas que destacan o teatro, concertos musicais para adultos e cativos, proxeccións cinematográficas, espectáculos de maxia, entre outras, ao longo do presente mes de decembro. Ademais, o día 24, festividade da Noiteboa, espérase a visita de Papa Noel de 6 a 8 da tarde no seu fogar da Praza Maior, onde escoitará as peticións de agasallos de nenas e nenos do municipio.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa terá continuidade no vindeiro mes de xaneiro con moitas sorpresas, entre as que destaca, o domingo día 5, a chegada dos Reis Magos, que portagonizarán un percorrido nas súas carrozas polas rúas da vila, para rematar recibindo aos máis cativos na Casa do Concello. Estas actividades compleméntase coas exposicións fotográficas que manterá a asociación O Potiños en diversas salas e establecementos de hostalaría do Carballiño.

A continuación, publicamos a programación completa para estas datas:

NADAL CULTURAL 2024

_____________________________________ DECEMBRO

CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL

Prazo: ata o 13 de decembro

Domingo, 1 ás 20 h no Auditorio

TEATRO. Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA)

TALÍA TEATRO – “UNHA INIMIGA DO POBO”

Venres, 6 ás 20 h no Auditorio

CONCERTO. Deputación de Ourense

CORAL POLIFÓNICA CASINO DO CARBALLIÑO E A BANDA DE VILATUXE

Sábado, 7 ás 19 h no Auditorio

CONCERTO. reaOU

ALFONSO MEDELA – JAZZ AD LIBITUM

Domingo, 8 ás 18 h no Auditorio

MAXIA. Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA)

MAGO TETO – “MAGIC ROCK”

Público: familiar

Venres, 13 ás 20.00 / 22.30 h VOS no Auditorio

CINE – CROSSING – Cineclub O Carballiño

Sábado, 14 a partir das 10 h no Auditorio

1ª XORNADA DE MÚSICA DE CÁMARA DE FRAUTA TRAVESERA. CMUS do Carballiño

deBiselas CUARTETO

Domingo, 15 ás 18 h no Auditorio

CONCERTO INFANTIL – Rede Galega de Teatro e Auditorios (RGTA)

A GRAMOLA GOMINOLA – “O APALPADOR”

Público: infantil e familiar

Martes 17, ás 20 h no Salón de Actos do IES Chamoso lamas

AUDICIÓN DE NADAL DO CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA

Venres, 20 ás 20.00 / 22.30 h VOS no Auditorio

CINE – EL TEOREMA DE MARGUERITE – Cineclub O Carballiño

Sábado, 21 ás 18.30 h na rúa

PERFORMACE TEATRAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO. Teatro de Sagra-Teatro Dar Trela e veciños do Carballiño

“SAÍR CORRENDO”

Domingo, 22 ás 19 h no Auditorio

CONCERTO DE MÚSICA GALEGA

FRANCISCO CASTRO- VES COMO SABES? – Rede de Dinamización Lingüística

Domingo, 22 ás 19 h no Templo da Vera Cruz

II EDICIÓN FESTIVAL “NADAL CORAL”. Organiza Coro infantil Xuvenil EnHarmonía

Martes, 24 de 18 a 20 h na Praza Maior

VISITA DE PAPA NOEL

Mércores, 25 ás 19 h no Auditorio

CONCERTO DE NADAL – ORFEÓN DO CARBALLIÑO

Venres, 27 ás 1 h no Auditorio

MUSICAL INFANTIL – “EL MUNDO DE LOS MUÑECOS”. Discobery Producciones

Público: infantil e familiar

Sábado, 28 ás 19 h no Auditorio

TRIBUTO A MACHÍN – “TODA UNA VIDA” con TONY VERGARA. Pares o Nones Producciones

Domingo, 29 ás 19 h no Auditorio

CONCERTO DE MÚSICA – XOVE ORQUESTRA OURENSANÍA. Deputación de Ourense

“STARS WARS SYMPHONY”

_______________________________________ XANEIRO

Venres 3, ás 18 h no Auditorio

TRIBUTO DEL REY LEÓN. Pares o Nones Producciones

Sábado, 4 ás 19.00 h no Templo da Vera Cruz

CONCERTO DE ANO NOVO – CORO DE CÁMARA MÚSICA VIVA

Domingo, 5

GRAN CABALGATA DE REIS

Luns, 6 no ás 18 h no Templo da Vera Cruz

CONCERTO DE REIS – CORAL POLIFÓNICA CASINO DO CARBALLIÑO

Sábado, 25 ás 18 h no Auditorio

TEATRO INFANTIL. Rede Galega de Teatro e Auditorios (RGTA)

REDRUM TEATRO – “OS CONTOS DE LOBICÁN”

********************************************************************************

OUTRAS ACTIVIDADES

EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS DE A. F. O Potiños ———– DECEMBRO e XANEIRO

CASA DO CONCELLO – Sombras de A. F. O Potiños

BALNEARIO – Azul de A. F. O Potiños

ASADOR VERACRUZ – Óxido de A. F. O Potiños

CASINO – Premios Concurso 2023

CASA RAMÓN GARCÍA – Poti Expo 23

CAFÉ PLAZA – Fotos Concurso 2024

CAFETERÍA MANXARES – Mixta

HOTEL ARENTEIRO – Fotos Concurso 2022