Despois do pequeno parón motivado polas diferentes actividades de música e maxia que tiveron lugar a pasada fin de semana no Auditorio Manuel María do Carballiño, Cine Club Carballiño retoma as súas sesións habituais dos venres con unha auténtica marabilla, a película sueca “Crossing”, do directorLeva Akin. Este filme ofrecerase hoxe en dous pases, ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en versión orixinal subtitulada. A película conta a historia de Lia, unha profesora xubilada que prometeu atopar á súa sobriña Tekla, perdida hai moito tempo. A busca lévaa ata Istambul, onde coñece a Evrim, unha avogada que loita polos dereitos das transexuais, e Tekla empeza a sentirse máis preto que nunca. Premio do Público no Festival de Berlín, Akin entréganos unha conmovedora historia, sensible e delicada, un filme precioso cheo de humanidade e moi honesto, no que destacan ademais unhas magníficas interpretacións.
Inicio Actualidade Cine Club proxecta hoxe no Auditorio a película “Crossing”, premiada no Festival...